Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Activado o novo buscador de poesiagalega.org
[02/01/2012]
Co propósito de facelo máis intuitivo e operativo, actívase con data 2 de xaneiro o novo arquivo/buscador, que permite localizar, gardar e compartir información e facilita ademais listados alfabetizados de autores/as e de títulos.

 

Como facer buscas na base de datos poesiagalega.org?


O acceso á información do repositorio de documentos arquivados faise a través dun arquivo/buscador que permite diferentes modalidades de procura.

Pódese realizar unha busca libre introducindo unha palabra ou proposición que será rastreada nas fichas de catalogación dos recursos e tamén nos contidos anexos cando se trate de textos ou publicacións dixitalizados.

En segundo lugar, permítese a busca por autor/a a partir dunha nómina de autores permanentemente actualizada que permite ampliar a busca a varios nomes, para o cal deberá manterse pulsada a tecla Ctrl.

A terceira modalidade consiste en realizar procuras específicas de recursos referidos a campos ou subcampos concretos, coa posibilidade de buscar unha palabra ou proposición nos campos ou subcampos acoutados polo propio usuario/a.

Adicionalmente, hai un conxunto de filtros que permiten realizar buscas máis precisas, dispostas para unha aplicación singularizada ou combinada: a) por tipo de recursos no que se realizará a procura (documentos textuais, imaxes, audiovisuais, sons ou publicacións dixitalizadas); b) por datas ou treitos cronolóxicos; c) por categorías de texto (libros, capítulos ou artigos, reseñas, teses, bibliografías…).

Finalmente, existe a posibilidade de acceder a un listado alfabetizado de autores/as e títulos a partir da ligazón que figura na parte superior dereita da pantalla do arquivo/buscador.

Pode determinarse asemade o número de rexistros que se mostrarán en cada pantalla de resultados (6 por defecto) e elixir entre a presentación das fichas de catalogación en formato resumido ou extenso.

O buscador indica na parte superior esquerda o número de ítems localizados segundo o(s) criterio(s) predefinido(s) e facilita unha ligazón permanente, con url abreviado, referida aos resultados obtidos na busca realizada, utilidade que permite gardar ou compartir esa información.

 

ESTA INFORMACIÓN PERMANECERÁ A DISPOSICIÓN NAS FAQ.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org