Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Sobre o pensamento de Viqueira
[11/12/2011]
A Comisión Xestora da 'Fundación Viqueira' prosegue en Bergondo coas actividades sobre a obra do filósofo, publicista e poeta Johán Vicente Viqueira, dentro das II Xornadas de Pensamento Galego. Xosé M. Beiras falará esta segunda feira sobre Viqueira e o nacionalismo.

As II Xornadas de Pensamento Galego de Bergondo veñen desenvolvéndose desde o pasado 3 de novembro e finalizarán o vindeiro día 15 de decembro, cunha intervención de António Gil Hernández, da Academia Galega da Língua Portuguesa, que falará sobre Viqueira e o reintegracionismo.

Anteriormente interviñeron Antón Costa Rico, Lola Ferreiro Díaz, Manuel Rivas García e África López Souto a propósito, respectivamente, de Viqueira e a educación en Galiza, os dereitos reprodutivos e da muller durante a Segunda República, Viqueira como pensador e a obra de Concepción Arenal.

Estas actividades desenvólvense no Centro Cultural A Senra, de Bergondo. Sempre ás 20 h.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org