Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Camisetas con versos, de Tinta de Lura
[07/04/2011]
O proxecto cultural Tinta de Lura ponse en marcha co obxectivo de visibilizar a cultura galega. As camisetas con versos son o primeiro produto que comercializarán.

Tinta de Lura é a iniciativa de tres persoas que fan converxer as súas vivencias e a súa formación na posta en marcha dun proxecto cultural que pretende visibilizar a poesía e a cultura galegas dun xeito diferente. A presentación oficial chegará no mes de maio, previo paso por Achegarte na Coruña a pasada fin de semana (2 e 3 de abril), e o produto que comercializarán en primeiro lugar serán camisetas con versos de poetas galegos. Alén dos máis coñecidos como Manuel Antonio e Rosalía incluirán outros e outras de menos sona entre a xente.

As camisetas serán só o primeiro paso, ao que seguirán outro tipo de iniciativas como incorporar música aos seus deseños e crear un portal web desde o que remitir os compradores e compradoras dos seus produtos aos libros e aos discos que hai detrás deles.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org