Novidades
Arquivo
Revista
Inicio > Revista de Poesía > Artigos > Artigo
Un poema
"Escribiré quinientas veces el nombre de mi madre"
Costas, Ledicia
[27/03/2012] 

Escribiré quinientas veces el nombre de mi madre.
Con un vestido blanco trazaré cada una de sus letras por las
          paredes de mi dormitorio, por el suelo del patio del
          colegio, por el pasillo de la casa más antigua. Para
          recordar mi origen cada vez que yo viva.
En todos los lugares podré besar sus mejillas limpias de
          cristal, aunque ella duerma lejos:
sus mejillas cercanas que me dolerán allá donde acaricie
          su nombre escrito.
Tantos días, tantas noches habrá de alimentarme
          amorosamente con su parábola descalza;
vendrá mi madre a arroparme, mujer de humo, con los ojos
          tiritando de suerte,
y en cada sueño mis apellidos dolerán como un cartel de
          bienvenida a un hogar diferente.
Sobre mi cabello, rubio como el de mi madre, la corona que
          me ciño como hija primogénita de Dinamarca.
Me llamaré Vacía, en honor a mis muertos; miraré cómo
          retozan de acrílico las palmas de mis manos, sangrará
          mi lengua a disposición de mis muertos.
Gritaré quinientas veces el nombre de mi madre para quien
          quiera escucharlo, y escribiré que bendigo este medio
          corazón en huelga mío, pues no olvido:
nací para llorar la muerte de otros.

                                                   Elena Medel (De Tara, 2006)

     Latexa en toda a poesía de Elena Medel un eco desgarrador que nos arrinca a pel de tanta nostalxia. Que nos atravesa coma ese recordo que sobrevive ancorado no lugar máis doloroso da nosa memoria.
     No que a estrutura se refire, practicamente toda a súa poesía está carente de formalismos. Non os precisa. Elena posúe a capacidade de construír imaxes de tal carga lírica que converte os seus textos nunha auténtica marea visual.
     Tara é unha obra que nace da traxedia. A morte da súa avoa provoca o caos e centos de versos feridos de sombra. "Escribiré quinientas veces el nombre de mi madre" é un poema narrativo de rima libre. Ela, coa morte aínda quente, aférrase ao nome da súa nai e utiliza esta imaxe como eixo vertebrador, coa finalidade de inmortalizala como embigo da súa estirpe.


          "…trazaré cada una de sus letras por las
          paredes de mi dormitorio, por el suelo del patio del
          colegio, por el pasillo de la casa más antigua. Para
          recordar mi origen cada vez que yo viva.”

     A morte provoca na autora a necesidade de aferrarse á derradeira figura feminina inmediatamente anterior a ela: a súa nai. Precisa facela perdurar en cada un dos espazos do cotián e do subconsciente. Non é máis ca un mecanismo de defensa contra a dor da perda.
     A vida é un estado pasaxeiro, o fume que se evapora no ventre dun segundo. Elena Medel leva cravado no peito ese aguillón negro que é a ausencia e que impregna todo dunha levidade absoluta:


"…vendrá mi madre a arroparme, mujer de humo, con los ojos
          tiritando de suerte,
y en cada sueño mis apellidos dolerán como un cartel de
          bienvenida a un hogar diferente."


     Berrará o nome da súa nai ata que lle sangue a lingua, ata que as palmas das súas mans perdan o tacto. E o seu nome será Vacía para honrar os mortos que lle zugaron toda a esencia deixándoa na tundra máis absoluta.
     A pesar de ser un poema que rebosa dor por cada unha das letras, é tamen un fermoso canto. Un tributo a eses fíos de amor que sustentan as relacións entre nais e fillas máis alá da morte.
     A obra Tara caeu nas miñas mans xusto despois da morte da miña avoa Carme. Supoño que o libro conseguiu traspasarme especialmente polo momento en que chegou a min. E en concreto este poema, que lin ducias de veces no medio da treboada. Escollino porque creo que consegue reflectir a dor da perda nunha linguaxe universal e porque nel está presente a figura da nai, tema ao que eu mesma recurro de xeito obsesivo na miña propia poesía. Eu tamén, como Elena Medel, "nací para llorar la muerte de otros".
 



 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org