As III Xornadas Literarias 'Xosé Carlos Gómez Alfaro' desenvolveranse na Igrexa da Magdalena da capital do Ribeiro os días 9 e 10 de agosto e contarán con recitais e a presentación do último libro de Concha Rousia.
A rapeira Aid, que publicou en 2012, o álbum Rapoesía, versiona tamén textos de Cunqueiro, Manuel Antonio e Curros Enríquez e ensina nun taller impartido na sede viguesa da Fundación Barrié os procedementos técnicos para a asimilación da poesía de base tradicional pola cultura hip-hop.
A poeta e pintora Ofelia López, vinculada ao grupo pontés ARTPO, publicou con anterioridade o libro colectivo Cinco Sentidos, resultado da súa colaboración co grupo poético Alalá. Fume de cerna conta cun limiar de Xulio L. Valcárcel, quen intervirá no acto.
Para o xoves 4 de xullo está convocada a Xornada Trans-fronteiras. Hibridacións culturais e transformacións literarias na nova realidade global. Será na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía da USC.
A Xornada conta co patrocinio da Cátedra Jean Monnet "A cultura da integración europea" (USC) e do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE-USC).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org