Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[01/10/2013]
O acto terá lugar ás 20 h. do xoves 3 de outubro en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22). Participarán, xunto co autor, Henrique Rabuñal, Eva Veiga, Olga Patiño e o director da colección Tambo de Faktoría K, Luís Rei Núñez.
[17/09/2013]
A obra, publicada pola editorial Através, será presentada por Rafa Villar e a propia autora. O acto terá lugar na Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) o día 19 de setembro ás 20 h.
[13/09/2013]
Co rótulo International Conference Self-Translation in the Iberian Peninsula terá lugar os días 20 e 21 de setembro, patrocinado por University College Cork e Aston University (Birmingham). Entre os representantes galegos contarase coa presenza de Rexina Vega, Fina Casalderrey, Martín Veiga, María Liñeira, Ana Garrido, Xosé M. Dasilva e Olga Castro.
[06/09/2013]
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos anuncia a apertura da Casa Museo para as 11:30 h. do sábado. Á tarde celebrarase un recital poético-musical con participación de Fuxan os Ventos, Berrogüeto, Roi Casal, Uxía, Miro Casabella e María Manuela.
[26/08/2013]
Desenvolverase en Salvaterra de Miño os días 30 e 31 de agosto baixo o lema Desobediência e a participación de Aurora Ceibe, Elvira Ribeiro, Chus Pato, Celso F. Sanmartín, Nolim Gonzalez, Dores Tembrás, Alfonso Pexegueiro, Márcio-André, Séchu Sende, Maria Rosendo e Mario Regueira.
[22/08/2013]
En apoio do Festival de Poesía do Condado, terá lugar no Centro Social Autoxestionado A Cova dos Ratos (Rúa Romil 3, Vigo) o sábado 24 de agosto a partir das 18 h. Contará cunha exposición de cartaces, varias actuacións musiciais e un recital de poesía.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org