Comezará ás 19:30 h. no local sito na Praza González Dopeso 1 (A Cubela) e contará coa presenza de César Morán, Tati Mancebo, Pedro Casteleiro, Diana Varela, Ramiro Torres, François Davo e Alfredo Ferreiro.
Para o sábado 19 de agosto ás 19 h. convócase pola Libraría Biblos de Betanzos (Rúa de Santiago, 4) un acto de homenaxe a Manuel Álvarez Torneiro no que o protagonismo corresponderá á lectura polo autor dos poemas do libro Os ángulos da brasa, merecedor de diversos galardóns desde a súa publicación en 2012 na editorial Kalandraka.
O mércores 16 de outubro, ás 20 h., preséntase cun concerto o disco Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Músicas para o 150 aniversario da súa publicación. Participan o pianista Alejandro Zabala, o tenor Joaquín Pixán e a soprano Teresa Novoa.
A asociación poética Porta XIII organiza o sábado 12 de outubro ás 16 h. nas instalacións da Rua Queirós Ribeiro 11-15 un recital no que participan Serxio Iglesias, Roi Vidal, Eduardo Estévez, Raúl Gómez Pato, Rosalía Fernández Rial e Arsenio Iglesias Pazos xunto cos músicos Pedro Villanueva e Nahom Álvarez.
Será no Centro Sociocultural Ágora da Coruña o día 7 de setembro ás 20:30 h., con presentación a cargo de Yolanda Castaño. A autora de Derradeiras conversas co Capitán Kraft compartirá o estrado con Xi Chuan (1963), poeta, tradutor e profesor de Literatura Clásica Chinesa na Academia Central de Belas Artes de Pequín.
Baixo o rótulo "Furia estratéxica para un tempo salvaxe? Precariedade e poesía" a intervención será no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o xoves 3 de outubro ás 12 h. Os poetas tratarán sobre a incidencia da situación económica e política no modo no que se concibe o discurso poético actual.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org