Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[10/01/2011]
A Comisión Organizadora do I Congreso Internacional sobre discursos non líricos na poesía contemporánea. Espazos, suxeitos, medialidade (DINOLIPOE), que se vai celebrar os días 26 e 27 de abril de 2011 na Universidade de Vigo, fixo pública a súa convocatoria.
[10/01/2011]
Durante os días 20, 21 e 22 do pasado mes de outubro celebrouse na Facultade de Humanidades de Lugo o curso "A literatura oral na actualidade. Galicia e Hispanoamérica", dirixido polas profesoras Ana Chouciño Fernández e María Xesús Nogueira Pereira. Co obxectivo de estudar as manifestacións da literatura oral como un fenómeno vivo e diverso, o programa contou con expertos de distintos ámbitos –desde o académico ao do espectáculo– que combinaron sesións teóricas e expositivas con talleres.
[18/02/2010]
O grupo de investigación LiCETC da Universidade das Illas Baleares, co que o GAAP mantén proveitosas relacións de colaboración, estrea nova web, vinculada neste caso ao proxecto de investigación La poesia experimental catalana del període 1970-1990: discursos, representacions, recepció, infraestructures de difusió i marc sociocultural (PeC). O propósito anunciado polos membros do equipo é o de analizaren un conxunto de propostas experimentais notabelmente amplo, vendo en perspectiva crítica e comparada as ligazóns existentes coas prácticas poéticas textualistas, letristas, concretistas, visuais e polipoéticas, entre outras varias que foron atendidas en espazos xeoculturais diversos en Europa ou nas Américas.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org