Fran Alonso e Antonio García Teijeiro ofrécennos cadansúa nova achega ao vizoso mundo da literatura infantil en galego con dous novos poemarios para cativas e cativos.
"A cidade sen roupa ao sol", de Marga do Val, foi galardoada co Premio da Crítica á mellor obra poética en lingua galega de 2010. "Trátase dun poemario vital e reflexivo", sinalou Laura Caveiro, representante da Sección da Crítica Literaria da AELG.
Editorial Galaxia tira do prelo a biografía de Lois Pereiro, escrita por Antón Lopo. Esta obra é unha aproximación á figura de Pereiro a través das persoas que constituíron o seu núcleo máis íntimo e a partir das voces que o reivindicaron desde a crítica.
O proxecto cultural Tinta de Lura ponse en marcha co obxectivo de visibilizar a cultura galega. As camisetas con versos son o primeiro produto que comercializarán.
A Federeción de Libreiros concédelle a Edicións Positivas o premio á mellor Obra Editorial.
Este suplemento de libros da revista Tempos Novos conta con entrevistas á poeta Ana Romaní, recentemente premiada por Estremas, e ao teórico da literatura Antón Figueroa, ademais dunha conversa entre María do Cebreiro e Antonio Gamoneda.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org