A revista electrónica estadounidense "Big Bridge" inclúe no seu número 15 unha antoloxía de textos galegos de poesía e de prosa traducidos ao castelán e ao inglés.
O próximo outono publicarase na colección Crónica de Xerais a obra de Xosé Fernández Ferreiro "De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde".
Emma Pedreira foi a gañadora da novena edición do Premio de Poesía Novacaixagalicia pola súa obra "Antítese da ruína", na que reflexiona sobre a morte e a ruína.
2.0 Editora publica "Lois Pereiro. Unha persecución", de Mario Regueira. Entre o ensaio e a narración, a obra explora diversos roteiros que conflúen na figura e na obra do poeta monfortino.
poesiagalega.org abre co libro de Ricardo Martínez-Conde un espazo para recuperar libros de poemas que no seu día saíron sen selo editorial.
A obra "Calado testamento" resultou gañadora da XXVII edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense e será publicada por Espiral Maior.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org