Até o 16 de outubro pódese visitar no CGAC de Santiago esta mostra comisariada por Miguel von Hafe que, por unha banda, inclúe unha escolma das intervencións audiovisuais de Antón Reixa dos últimos trinta anos e, por outra, amosa oito obras inéditas nas que a imaxe, a palabra e a performance se entrecruzan para afirmaren un territorio neodadaísta.
A TV da Universidade de Vigo pon a disposición pública na súa web os vídeos coas conferencias e comunicacións do Congreso Internacional sobre Poesía non Lírica celebrado o pasado mes de abril.
A realizadora Stephanie Dudley leva ao cinema o poema "Homenaxe ao mineral do repolo", da poeta Erín Moure, canadense de orixe galega. A curtametraxe proxectarase en setembro no Festival Internacional de Cinema de Toronto.
A poeta é a primeira galega en recibir unha bolsa de creación en residencia no Centro Internacional de Escritores e Tradutores de Rodas. Convive actualmente con outras persoas procedentes de Romanía, Suecia, Grecia ou a Ucraína.
Bieito Ledo é o novo presidente da Fundación á que tamén se incorporan seis mulleres de recoñecido prestixio na cultura galega
O ensaio explora o devir do discurso literario galego moderno a partir da noción de espectralidade. A poesía defínese como zona de resistencia, na que a figuración fantasmal é síntoma dunha perda colectiva non reparada.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org