Na primeira semana de outubro estará lista a segunda e definitiva edición do dossier
Lois Pereiro. Achegas críticas, ampliado con parte da documentación e publicacións que trouxo consigo a celebración das Letras 2011.
Xosé Manuel Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarro (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron os gañadores da décima edición deste premio creado pola Asociación Cultural Val de Láncara (Lugo) co obxectivo de recoñecer o labor de persoas e entidades a prol de Galicia.
A recén presentada empresa Galebook, dedicada principalmente a contidos dixitais, vén de publicar o e-book de poesía infantil As trovas de Midas, de Diana Varela Puñal. O seu próximo proxecto, O pitiño revolucionario de Xulio López Valcárcel, tamén está destinado aos máis pequenos.
Edicións Xerais de Galicia publicou este verán por primeira vez os sonetos de Shakespeare en galego, traducidos e comentados polo profesor Ramón Guitérrez Izquierdo quen dedicou a esta obra máis dunha década de traballo.
Calros Solla resultou gañador do "IV Premio de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Mogardáns" co seu poemario Holocausto Zacoe. Pola súa banda, Carlos Pereira acadou o primeiro premio da XXXVII edición do "Certame Literario do Concello de Vilalba" coa obra Río Alzheimer.
Esta semana inaugurouse en Pontevedra o espazo Versus, rehabilitado por César Portela e sé da Fundación Cuña Casabellas, que lle permitirá manter a súa liña de actividades como exposicións ou os habituais Brumarios Poéticos.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org