Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[17/10/2011]
O Parlamento de Galicia acordou o pasado martes declarar o 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro e as actuacións que se deben levar a cabo co fin de conmemorar o centenario do seu nacemento.
[14/10/2011]
A Feira do Libro de Frankfurt acolle a presentación da colección Galician Classics que procura a difusión en lingua inglesa da literatura galega. A colección ábrese coas obras Collected Poems de Lois Pereiro e Folks from Here and There de Álvaro Cunqueiro.
[10/10/2011]
A obra gañadora da décima edición deste certame foi a tradución do Ensaio sobre a crítica de Alexander Pope, a cargo de Fernando Moreiras, profesor da Universidade de Vigo. Trátase da primeira vez que Alexander Pope é traducido ao galego.
[05/10/2011]
Chega ás librarías Bretemada, un poemario inédito do escritor muxián Gonzalo López Abente publicado conxuntamente pola Fundación López Abente e a Editorial Alvarellos na Colección Rescate.
[02/10/2011]
O martes 4 de outubro ás 21 h. dará comezo no pub Modus Vivendi de Compostela un ciclo de lecturas poéticas que arranca coa intervención "Incorruptíbeis" e a participación de Olga Novo, Martin Wu (The Homens) e Lupe Gómez.
[28/09/2011]
A editorial Peter Lang presenta un volume cos resultados dos simposios organizados en 2008 e 2009 pola rede internacional Poetics of Resistance nas Universidades de Leeds e Santiago arredor das novas prácticas poéticas, artísticas e culturais de resistencia e emancipación.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org