Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[18/11/2011]
O día 18 de novembro, na Fabriquería de Tui, celebrouse un recital de tres grupos que experimentan con novas formas de transmitir a poesía: María Lado e Lucía Aldao, Ledicia Costas e Daniel Landesa e a poesía electrónica de Maus Vizinhos.
[16/11/2011]
O poemario carnia haikai, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro, foi a obra premiada na sexta edición deste certame convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón.
[14/11/2011]
A Editorial Galaxia presenta o novo libro-disco do grupo Mamá Cabra, ilustrado por Kristina Sabaite, que conta coa participación dos poetas galegos Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel (vocalista do grupo).
[11/11/2011]
O Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa presenta este proxecto dirixido por Graça Videira Lopes que pon a disposición pública a totalidade das composicións medievais galego-portuguesas.
[09/11/2011]
O poeta Arcadio López Casanova gañou o Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras. O xurado recoñeceu a traxectoria do lucense e a súa extensa produción en lingua galega e castelá.
[07/11/2011]
O martes 8 de novembro, coa intervención de María Reimóndez, péchanse estas xornadas organizadas polo Instituto Cervantes de Múnich e que este ano versaron sobre Galicia, a súa lingua e a súa cultura.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org