O día 18 de novembro, na Fabriquería de Tui, celebrouse un recital de tres grupos que experimentan con novas formas de transmitir a poesía: María Lado e Lucía Aldao, Ledicia Costas e Daniel Landesa e a poesía electrónica de Maus Vizinhos.
O poemario carnia haikai, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro, foi a obra premiada na sexta edición deste certame convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón.
A Editorial Galaxia presenta o novo libro-disco do grupo Mamá Cabra, ilustrado por Kristina Sabaite, que conta coa participación dos poetas galegos Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel (vocalista do grupo).
O Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa presenta este proxecto dirixido por Graça Videira Lopes que pon a disposición pública a totalidade das composicións medievais galego-portuguesas.
O poeta Arcadio López Casanova gañou o Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras. O xurado recoñeceu a traxectoria do lucense e a súa extensa produción en lingua galega e castelá.
O martes 8 de novembro, coa intervención de María Reimóndez, péchanse estas xornadas organizadas polo Instituto Cervantes de Múnich e que este ano versaron sobre Galicia, a súa lingua e a súa cultura.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org