Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[01/12/2011]
Proximamente sairá á luz o número 45 do Boletín Galego de Literatura que levará por título "Poesía galega. Perspectivas críticas e comparadas". Este monográfico sobre poesía está coordinado por María Xesús Lama e María Xesús Nogueira.
[29/11/2011]
O mércores 30 de novembro celebrarase en Washington D.C. unha festa de música e poesía en voz alta na que participará o poeta galego Alberto Avendaño, xunto con autores procedentes do Salvador, Colombia, Ecuador e Puerto Rico.
[28/11/2011]
A Editorial Galaxia vén de publicar o libro-disco de César Morán Haberá primavera. Catorce poemas, catorce cancións onde versiona poemas de Álvaro Cunqueiro. A obra inclúe, ademais, a derradeira entrevista que Cunqueiro concedeu en vida e un poema do propio César Morán.
[24/11/2011]
O Projeto Fisempoga, integrado no Grupo Galabra da Universidade de Santiago de Compostela, organiza estas xornadas de debate sobre os rumbos e os desafíos a enfrentar nos estudos da cultura, especialmente referidos ao caso galego. O encontro ábrese o día 24 cunha conferencia de Itamar Even-Zohar (Universidade de Tel Aviv).
[23/11/2011]
No marco das relacións entre equipos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat de les Illes Balears, o mércores 23 de novembro terá lugar un seminario aberto a cargo da profesora Mercè Picornell (UIB) sobre a poesía experimental catalá e a forma de analizala, documentala e difundila.
[22/11/2011]
Organizadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, estas primeiras xornadas de Literatura e Ensino convertéronse en viveiro de ideas e debates a respecto da presenza, funcións e necesidade da literatura no ensino obrigatorio.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org