Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[30/11/2013]
Publicada pola Fundación Uxío Novoneyra na colección "Valumbo", trátase dunha edición bilingüe galego-castelán ao coidado de Ana Gorría, editora e tradutora do volume. A maquetación e os debuxos son da autoría de Anxo Pastor. A presentación, en Pontevedra, no Culturgal, hoxe 30 de novembro ás 17:45 h.
[29/11/2013]
O recital comeza ás 19 h. Co poeta galego participan poetas panameños, algúns deles escritores en linguas indíxenas: Martín Testa (Panamá), Mar Alzamora-Rivera (Panamá), Esteban Binns (Comarca Ngäbe-Buglé), Manigueidinapi Stanley (Comarca Kuna Yala) e Urá del Drago (Provincia de Bocas del Toro). Amais, proxectarase a película Fendorelha, de Augusto Fontám.
[28/11/2013]
A presentación, organizada por Amargord Ediciones e o Centro de Estudos Galegos da Universidad Complutense de Madrid, será o día 29 de novembro ás 18 h. na Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla (rúa Noviciado, 3). Contará coa presenza da autora e do profesor Xavier Frías. O volume é unha edición bilingüe galego-castelán e conta cun limiar de Luis Luna.
[27/11/2013]
O poeta presenta o seu último libro, publicado por Alvarellos, ás 19:30 h. do xoves 28 de novembro no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Xeografía e Historia), acompañado polo editor Henrique Alvarellos, o escritor Xulio L. Valcárcel e o pianista Abe Rábade.
[24/11/2013]
O acto de presentación da publicación terá lugar no Centro Social Lume (rúa Rouxiñol, número 16) a quinta feira 28 de novembro ás 20 h. A nova revista inclúe as seguintes seccións: Narrativa, Poesía, Tradución, Ethopeia, Gráfica e Clásicos.
[22/11/2013]
Será o sábado 23 de novembro ás 12 h. no marco da serie de sesións do obradoiro de creación literaria "Da memoria ao poema", impartido por Alicia Fernández. Participan xunto coas persoas inscritas no obradoiro as/os poetas Antía Otero, Xiana Arias, Mario Regueira, O Leo Arremecághona, Gonzalo Hermo, Berta Dávila, Alba Cid, Agustín Delicias, Ismael Ramos, Jesús Castro, Naïr García Abelleira e Xesús Estalote.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org