Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[14/12/2011]
O escritor Xurxo Martínez González faise coa décimo segunda edición do premio Díaz Jácome convocado polo Concello de Mondoñedo.
[12/12/2011]
A obra Con gume de folla húmida do coruñés Isaac Fernández, coñecido como Isaac Xubín, resultou gañadora da vixésimo cuarta edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e será publicada pola editorial Sotelo Blanco.
[11/12/2011]
A Comisión Xestora da 'Fundación Viqueira' prosegue en Bergondo coas actividades sobre a obra do filósofo, publicista e poeta Johán Vicente Viqueira, dentro das II Xornadas de Pensamento Galego. Xosé M. Beiras falará esta segunda feira sobre Viqueira e o nacionalismo.
[09/12/2011]
Lucía Caeiro, que foi lectora de galego na Universidade de Varsovia, é a tradutora desta antoloxía bilingüe da polaca Wisława Szymborska (Premio Nobel de Literatura 1996) que acaba de tirar do prelo Edicións Positivas co título Versos escollidos.
[07/12/2011]
A obra Patente de corso (pequeno dicionario pirata), de Rafa Vilar, gañou a sexta edición deste premio da Fundación Xosé Neira Vilas. O xurado concedeu tamén dúas mencións de honra: Verdedades, de Yolanda Castaño, e Flores de Abruñeiros, de Alberto Calvín.
[07/12/2011]
Como celebración do seu quinto aniversario, Fervenzas Literarias, páxina dedicada á literatura galega e á promoción da lectura, presentou novo web cos contidos de sempre e novos apartados.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org