Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[28/12/2011]
As lecturas poéticas organizadas por Olalla Cociña e Branca Novoneyra que se iniciaran en outubro continuarán un trimestre máis pola boa acollida.
[23/12/2011]
Contra finais de ano ou comezos de 2012 poesiagalega.org presentará algunhas melloras. A principal será unha segunda versión dos buscadores internos destinada a facilitar o labor dos usuarios/as menos afeitos ao traballo con bases de datos, en particular para efectuar buscas por nomes de autor/a ou títulos.
[21/12/2011]
Coa mediación de Xoán C. Domínguez Alberte, poesiagalega.org abriu unha nova liña de recuperación de libros de poemas de distribución limitada. Trátase da dixitalización das publicacións non venais que, baixo diferentes selos editoriais, se levaron a efecto en Porto e Lisboa dende 1995.
[17/12/2011]
O Grupo de Investigación Rosalía de Castro, coordinado por María do Cebreiro Rábade e cun proxecto orientado ao estudo da obra narrativa rosaliana, anuncia a publicación do seu web, con información sobre produción e reunións científicas, bibliografía e máis datos.
[16/12/2011]
Como colofón ás actividades desenvolvidas durante o 2011 sobre Lois Pereiro, a Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña, organiza o Congreso Lois Pereiro entre o 15 e o 17 de decembro.
[15/12/2011]
A obra Monicreques do moañés Xosé Daniel Costas Currás resultou gañadora da décima edición do Premio de Poesía Caixanova e será publicada na colección "Arte de trobar".
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org