O día do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro inaugurouse o blog As escollas electivas, centrado nos poetas contemporáneos en lingua galega.
Inaugurada a páxina web oficial do autor homenaxeado neste 2012 no Día das Letras Galegas.
Publicamos hoxe en pdf o número 1 completo da Revista de Poesía, un proxecto semestral do Grupo Alea de Análise Poética dirixido a investigadores/as e público en xeral que inclúe artigos, entrevistas, reseñas e traducións sobre poesía galega e internacional.
Sae á luz o terceiro número desta revista académica anual especializada e cofinanciada polo Centro de Estudos Galegos en Gales (Universidade de Bangor) e a Universidade de Cardiff.
Co propósito de facelo máis intuitivo e operativo, actívase con data 2 de xaneiro o novo arquivo/buscador, que permite localizar, gardar e compartir información e facilita ademais listados alfabetizados de autores/as e de títulos.
Talvez non o saibas pero clicando no botón que aparece nesta páxina abaixo á dereita accédese a unha base de datos de termos literarios (retórica, estilística, movementos literarios, estudos teatrais, narratoloxía, semiótica, historia literaria...), con información adoito contrastada con exemplos tomados da literatura e a cultura galegas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org