O Centro de Linguas Modernas da USC acaba de sacar á luz unha escolma da autora alemá afincada en Santiago, cuxa tradución correu a cargo de Maruxa Zaera Landeira, e que abarca unha década de produción poética.
A Fundación Gonzalo López Abente acaba de asinar un acordo coa editorial Espiral Maior para tirar do prelo a poesía completa deste autor en 2013, coincidindo co seu cabodano. O coordinador será Miro Villar.
A AELG anima a celebrar o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.
Todos os estudos poéticos que forman parte do Anuario de Estudos Literarios Galegos (1992-2007) xa están ao teu dispor no arquivo de poesiagalega.org.
As Jornades Internacionals de Poesia Experimental, organizadas polo grupo de investigación Poció. Poesia i Educación da Universitat de Barcelona, terán lugar os días 25 e 26 de outubro no MACBA.
O 2 de febreiro, día da Candeloria, saíu do prelo este conto infantil rimado publicado por Toxosoutos, pertencente á colección Bolboreta e ilustrado por Ana Santiso.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org