A revista CLCWeb Comparative Literature and Culture, de Purdue University, dirixida por Steven Tötösy de Zepetnek, dedica o seu último número aos rumbos da comparatística galega actual. Os coordinadores son Teresa Vilariño e Anxo Abuín, da área de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela.
Lanzamento do web do proxecto de investigación da Universidade de Santiago "Le.es: A literatura electrónica en España (Inventario e estudo)", coordinado por Anxo Abuín.
Faktoría K recupera esta colección de poesía que desde o ano 2006 fora substituída pola Colección Cíes. Os primeiros títulos son Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, e a antoloxía de poetas vascos Alén da fronteira.
A biblioteca pública Ánxel Casal organiza unha mostra bibliográfica sobre a vida e obra do escritor. Auga Editora e a Secretaría Xeral de Cultura presentan a edición bilingüe galego-castelán de Longa noite de pedra.
Xan Carballa é o autor da biografía e da antoloxía que acaba de publicar Galaxia. Esta última inclúe obras de ensaio, prosa e poesía do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Antoloxía publicada pola Editorial Toxosoutos, baixo a edición de Gonzalo Vázquez, onde participan sesenta e un autores e autoras pertencentes a diferentes xeracións poéticas que achegan a súa particular visión sobre a cidade.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org