Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[10/04/2012]
poesiagalega.org ofrece un novo dossier. Trátase dunha edición contrastada e parcialmente xenética do primeiro libro de Uxío Novoneyra, debida ao profesor Anxo Tarrío Varela. O documento incorpora un sistema de navegación interno que permite contrastar cromaticamente os cambios existentes entre o derradeiro manuscrito autógrafo da obra (1952-1954) e a súa edición orixinal (1955).
[09/04/2012]
Con Valentín Paz Andrade. Biografía e Antoloxía Charo Portela achega ao público infantil a figura do autor homenaxeado no Día das Letras 2012. O volume relata as múltiples facetas da vida de Valentín Paz Andrade.
[05/04/2012]
O poeta galego foi convidado a participar no especial da publicación lusófona, que celebra o seu 32º aniversario con "32 declarações de amor ao português".
[02/04/2012]
Exposición sobre Chankecham, poeta galego que creou a súa propia imprenta para autoeditarse. A mostra inclúe o obradoiro do artista e os libros publicados con este sistema.
[28/03/2012]
O poeta e tradutor Martín Veiga defende en Cork o traballo de investigación cando se cumpren 20 anos da morte do escritor.
[24/03/2012]
No marco do X Congreso Internacional de Estudos Galegos, que terá lugar en Gales os días 12, 13 e 14 de setembro, anúnciase unha sesión organizada polo Grupo de Investigación Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado por María do Cebreiro Rábade.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org