A presentación, organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e conducida por Alberte Momán, será o xoves 19 de decembro ás 20 h. na sede da Rúa dos Olmos 15. O volume é unha edición bilingüe galego-castelán e conta cun limiar de Luis Luna.
O martes 10 de decembro, organizadas polo Centro de Información e Recursos da UNED da cidade herculina e coordinadas por Javier Pintor, arrinca a décima tempada destes encontros con creadoras e creadores. A cita inicial, ás 18:30 h., contará coa participación dos poetas Ánxeles Penas e Manuel Álvarez Torneiro. Será no Salón de Actos da sede da UNED e intervirá como condutor da sesión Xavier Seoane.
A primeira das dúas sesións dos Picaversos do mes de decembro muda a súa localización habitual. Será no Paraninfo da Univesidade de Santiago de Compostela (Facultade de Xeografía e Historia, 1º andar), ás 21 h. Recitaranse en versión orixinal e na súa tradución galega textos de poetas que escriben en lingua inglesa.
O volume, unha edición bilingüe publicada por Parnass na colección Poetikas, preséntase o 6 de decembro ás 20:30 h. na sala madrileña La Excéntrica (rúa Areal 9, 2º). Co autor estarán Elena Peralta e Esther Marín.
Será o venres 6 de decembro, ás 20:30 h., no Pazo Torre dos Xunqueiras. A autora estará acompañada no acto pola poeta Marta Pedrosa e o escultor Manuel Teira.
O poeta presenta o seu novo libro no local da rúa Sinagoga 22, na Cidade Vella da Coruña, o vindeiro 4 de decembro, mércores, ás 20 h. Farao na compañía do editor Manuel Bragado e mais de Antía Otero e Xavier Seoane.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org