O pasado 28 de xuño inaugurouse o Ano Ben-Cho-Shey nun acto convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo co obxectivo de dar a coñecer a todos os galegos e galegas a vida e a obra deste galeguista.
O curso de verán Bicentenario de Añón, 1812-2012 celebrarase na Casa da Cultura de Outes entre os días 19 de 22 de xullo. Durante o seu desenvolvemento Xoán X. Mariño, comisario do Ano Añón, presentará a páxina web dedicada ao escritor.
O web da rede internacional LyraCompoetics, coordinado por Rosa Maria Martelo e Paulo de Medeiros e vinculado ás actividades do Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa da Universidade do Porto, lanza un inquérito sobre a relación entre poesía e resistencia.
Na web pode verse a relación de membros do proxecto de investigación asociado, as publicacións e eventos relacionados e unha explicación dos seus obxectivos
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org