A revista publicada pola editorial Eneida dedica o seu número 16 á poesía galega contemporánea. O monográfico ofrece unha escolma poética e reúne unha serie de ensaios a cargo de investigadores como Carmen Blanco, Arcadio López-Casanova, C. Clementson, Teresa Seara, Carlos Beck e Ramón Nicolás.
O dossier inclúe máis de sesenta textos de carácter autopoético, agrupados segundo a súa orixe editorial ou a súa vocación discursiva, que reflicten o carácter diverso e vizoso da poesía galega das últimas tres décadas.
A editora Axóuxere, coa colaboración do concello de Rianxo, pon en marcha un programa de residencias na casa da parroquia de Leiro co obxecto de enriquecer o espectro creador contemporáneo.
O Consello da Cultura Galega pon a disposición do público a edición facsimilar da obra de Paz Andrade publicada en 1955 en Bos Aires así como a gravación realizada polo propio autor dous anos despois na mesma cidade.
A poeta Helena Salgueiro foi galardoada co Premio de Poesía Avelina Valladares coa obra Intermitencia da cidade. No certame Miguel González Garcés, resultou gañador o libro As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, de Ramón Neto.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org