Obradoiro coordinado por María do Cebreiro Rábade Villar no marco do X Congreso da AIEG. Durante os días 13 e 14 de setembro investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas e americanas debaterán sobre novas liñas de investigación arredor da figura da escritora.
Coa mediación de Miro Villar, o equipo do proxecto poesiagalega.org accedeu ao arquivo magnetofónico que Rafa Villar conserva das actividades organizadas a partir de 1998 por Edicións do Dragón e en particular por Letras de Cal en diferentes locais do casco vello compostelán, nomeadamente no Tarasca.
Shearsman Books publica unha antoloxía de poetas galegas, vascas e catalás, traducidas ao inglés por escritores e escritoras irlandeses. Poemas de Chus Pato, María do Cebreiro, Pilar Pallarés, Yolanda Castaño e Lupe Gómez constitúen a mostra de poesía galega que ofrece este volume.
Desde hoxe pode lerse e baixarse en pdf o número 2 completo da Revista de Poesía, proxecto semestral do Grupo Alea de Análise Poética dirixido a investigadores/as e público en xeral que inclúe artigos, entrevistas, reseñas, obra gráfica e traducións sobre poesía galega e internacional.
Ramón Nicolás presenta no seu blogue unha sección para a publicación de manuscritos inéditos. Cartas, poemas, apuntamentos de autores e autoras galegos verán a luz neste espazo, no que xa se poden atopar textos de Celso Emilio Ferreiro, Marta Dacosta, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco ou Arturo Casas.
A editorial Tambre lanza unha nova colección para divulgar os clásicos da nosa poesía. Miña casiña, meu lar, editado por Elsa Baluja, e Dun tempo e dunha terra, a cargo de Gonzalo Navaza, inauguran esta serie de antoloxías
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org