O Boletín Galego de Literatura publica un número monográfico coordinado por María Teresa Vilariño Picos co título "Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital", que incorpora varios traballos referidos ao fenómeno poético.
Desde fnisterrae.com accédese aos contidos dos catro boletíns de Feros Corvos e mais ao volume colectivo Nós.
Francisco X. Fernández Naval e Miro Villar coordinan un proxecto da Asociación Monte Pindo Parque Natural orientado á edición dun volume con textos éditos e inéditos, de distintas épocas e tamén actuais, sobre o considerado Olimpo celta. A tal fin abriuse unha subscrición popular coa que é posíbel colaborar para financiar o proxecto.
Con barqueira e remador reúne sete poetas europeos: Marko Pogaar, Merja Virolainen, Txema Martínez, Brane Mozeti, Margrét Lóa Jonsdóttir, Sergej Timofejev e Yolanda Castaño.
O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo para inscribirse no II Simposio Internacional "Cultura e Crise", organizado polo Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes da USC e que se celebrará na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais os días 25 e 26 de outubro.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org