O Consello da Cultura Galega fai público o programa das cinco xornadas do congreso rosaliano, que se desenvolverán entre o 28 de febreiro e o 27 de xuño deste ano 2013, e abre o envío de propostas para a sección virtual do propio congreso.
O luns 14 de xaneiro terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h, o diálogo poético entre as poetas galega e exipcia. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
O luns 14 de xaneiro terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h, o diálogo poético entre as poetas galega e exipcia. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
Terá lugar durante a semana do 14 ao 18 de xaneiro na Facultade de Filoloxía da USC e contará coas intervencións de Christopher Norris, Esteban Pujals, César Domínguez, Daniel Essig, José María Díaz Lage e Jorge Sacido, os dous primeiros con relatorios específicos sobre materia poética.
poesiagalega.org é unha iniciativa do GAAP que se materializou polo apoio inicial do Consello da Cultura Galega e pola obtención posterior de financiamento público a través dunha convocatoria da Xunta de Galicia (Programas Sectoriais de Investigación Aplicada: Sociedade e Cultura). O 4 de decembro de 2012 remata o ciclo trianual do proxecto de investigación vinculado e ábrese unha xeira nova na que a produción e actualización de contidos do repositorio dixital diminuirá sensibelmente por mor da dispersión do equipo, que nalgúns casos supuxo ademais a perda de postos de traballo.
Desde hoxe pode lerse e baixarse en pdf o número 3 completo da Revista de Poesía, proxecto semestral do Grupo Alea de Análise Poética dirixido a investigadores/as e público en xeral. Inclúe artigos, reseñas e traducións sobre poesía galega e internacional.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org