Entre o 19 e o 21 de abril desenvolverase en Pontevedra a terceira edición do festival de poesía PontePoética, que promove o Concello da cidade e conta coa colaboración do Ateneo de Pontevedra. A directora do festival é Yolanda Castaño, quen este ano convidou a dez poetas: Claudio Pozzani, Biel Mesquida, Marta Dacosta, María do Cebreiro, Roger Wolfe, Lino Braxe, Rosa Alice Branco, Claudio Rodríguez Fer, Kirmen Uribe e Raquel Lanseros.
O libro, coordinado polo propio director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, inclúe traballos sobre diferentes etapas da biografía do poeta ourensán a cargo de Rodríguez Fer, Marta Agudo e Manuel Fernández Rodríguez. A presentación tivo lugar na Facultade de Humanidades do campus de Lugo.
A revista eLyra, de carácter semestral, é un proxecto da Rede Internacional LyraCompoetics vinculado coas actividades do Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa da Universidade do Porto. A codirección da revista corresponde a Paulo de Medeiros (Universidade de Utrecht) e Rosa Maria Martelo (Universidade do Porto).
Con motivo da exposición de parte da obra obxectual de Pepe Cáccamo na Sala Provincia de León, Eloísa Otero entrevista ao autor en TamtamPress facendo un repaso da súa traxectoria como poeta en tres dimensións e aludindo ademais a outros aspectos da súa produción.
Hoxe 1 de marzo preséntase en Vigo unha plataforma aberta de crítica feminista da que forman parte María Reimóndez, Andrea Nunes, Beatriz Suárez Briones, Marga Romero, Susana Sánchez Aríns e Lara Rozados.
O luns 4 de febreiro terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h., o diálogo poético entre os poetas galego e esloveno. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org