Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas
 
 
[13/05/2013]
Coordinado por Burghard Baltrusch o libro Lupe Gómez: azul e estranxeira. Estudos e traducións sae baixo o selo da editora berlinesa Frank & Timme. Compila unha serie de estudos sobre a poeta e suma a isto a tradución de Pornografía a inglés e francés e a de Os teus dedos na miña braga con regra a portugués e alemán.
[12/05/2013]
Organízaa o Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) da USC e terá lugar o mércores 15 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación. A orientación do debate inclúe de forma conxunta achegas teóricas e aplicadas arredor do concepto de emerxencia cultural e as súas manifestacións.
[07/05/2013]
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth e o filólogo galego Antón Santamarina publicaron a partir de 1984, en sete volumes, unha compilación de máis de cinco mil pezas clasificadas nos apartados de Oficios e Labores, Festas Anuais, Romances Tradicionais, Romances Novos, Cantos Narrativos, Sucesos, Coplas Locais, Cantos Dialogados, Coplas Diversas e Cantos Enumerativos e Estróficos. A Fundación Barrié pon agora a disposición pública a través da súa páxina web o conxunto da publicación.
[29/04/2013]
O libro de Elvira Riveiro Tobío (VI Premio de Poesía Erótica 'Illas Sisargas') preséntase na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 11) a quinta feira 2 de maio ás 20 h. Participan canda a autora Rosa Enríquez, Paco Souto e a dj Carina Posse.
[24/04/2013]
A programación esténdese do mércores 24 ao sábado 27 de abril, con pasarrúas, lecturas e intervencións en diversos espazos urbanos: Ateneo, Mercado da Magdalena, Canido, Ferrol Vello, Esteiro, Praza de Armas e distintos locais públicos.
[17/04/2013]
O luns 22 de abril terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h, o diálogo poético entre os poetas galego e italiano. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
 
Día: 22/11/2012
Lugar: Normal (A Coruña)
Vídeo, instalación, cinema e poema obxecto conflúen nunha escenificación metaliteraria do poemario publicado pola poeta en 2010, que foi preparada nunha residencia artística en Normal

Día: 19/11/2012
Lugar: Ateneo (santiago)
A escritora e ex-Presidenta do Padroado da Fundación Rosalía de Castro imparte esta conferencia enmarcada no ciclo Persoeiros de Compostela

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org