Nas vindeiras semanas poesiagalega.org experimentará un cambio na súa presentación como páxina web. Deshabilitaranse a sección de "Noticias", sendo esta mesma a derradeira en publicarse, e tamén a de "Actualizacións do arquivo", de forma tal que a funcionalidade do proxecto quedará limitada en adiante á súa cerna específica como base de datos relacional e repositorio dixital.
Logo da sesión dos Picaversos Franceses chega a hora dos Orientais, con presenza dos tres autores indicados. Será no Modus Vivendi de Compostela, o martes 4 de marzo ás 21 h. Organizan Olalla Cociña e Branca Novoneyra, quen convidan ao público a que participe no recital con disfraces que lembren o mundo oriental.
O libro, que obtivo o premio de Figurante Edicións ex aequo co poemario Argola de Marta Dacosta, conta cun limiar de Carlos Quiroga e colaxes da autoría de Mariana Viento. Presentarase na libraría coruñesa Suévia (rúa Vila de Negreira, 32) ás 20 h.
A presentación terá lugar na libraría coruñesa Suévia (rúa Vila de Negreira, 32) ás 20 h. esta cuarta feira 18 de febreiro. Participa xunto coa autora a poeta e actriz Antía Otero.
O luns 3 de febreiro, no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, ás 20:30 h, desenvolverase un diálogo poético entre as poetas galega e finesa. Organiza o Ciclo de Poesía do Concello da Coruña e presenta Yolanda Castaño.
Será no Modus Vivendi a partir das 21 h., coa participación de María Costas, Pablo Vidal Mendoza e Juan Carlos Suñén. Organizan Branca Novoneyra e Olalla Cociña.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org