Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Dossieres > Dossier
Lois Pereiro – Achegas críticas
[27/04/2011]  Este dossier crítico sobre Lois Pereiro recupera unha serie de estudos e materiais audiovisuais correspondentes a unha etapa que supera o cuarto de século, con textos e gravacións nalgúns casos anteriores á publicación do primeiro libro do poeta. Planificouse como unha compilación aberta que irá sumando aínda algúns documentos máis a medida que o equipo do proxecto logre recadalos ou lle sexan fornecidos por autores e editores.

[Desde o 5 de outubro do 2011 existe unha segunda edición ampliada]

Constituíronse os catro apartados seguintes:

1. Monográficos:

Preséntanse dous números especiais de 1997 das revistas Luzes de Galiza e Dorna, publicacións que xa editaran poemas de Lois Pereiro na década anterior. As dúas revistas puxeron a dispor dos lectores artigos e entrevistas. Entre os primeiros, os asinados por Fermín Bouza, Suso de Toro, Manuel Rivas e Fidel Vidal (en Luzes de Galiza), e os de Carmen Blanco, Olga Novo, Chus Pato e Teresa Seara (en Dorna). Entre as entrevistas, as que Pereiro mantivo con Manuel Rivas (Luzes de Galiza) e con Ana Romaní (Dorna).

2. Artigos, recensións e entrevistas:

2.1. Artigos de Arturo Casas (2010), X. L. Méndez Ferrín (2011), Xurxo Lobato e Antón Losada (1995), Carlos Paulo Martínez Pereiro (2003), Franck Meyer (1996), Carlos Pérez Varela (1999), Manuel Rivas (1996), Xavier Seoane (1985) e Mirta Suquet Martínez (2011). Neles abórdanse distintos aspectos da obra poética de Lois Pereiro ou achéganse panorámicas máis globais.


2.2. Recensións do primeiro poemario de Lois Pereiro (Poemas 1981/1991) a cargo de Xesús González Gómez (1992) e de Manuel Rivas (1993); recensións do segundo libro (Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995) asinadas por Helena González Fernández (1996) e por Teresa Seara (1996); e incluso un comentario da narrativa breve (Naúfragos do Paradiso), relacionada coa poesía, da autoría de Carlos Paulo Martínez Pereiro (1997).


2.3. Entrevistas a Lois Pereiro preparadas por M. Caballido (1990), Darío Janeiro (1996), Rocío Pernas (1996) e Manuel Rivas (1985).

3. Documentación sonora e fotográfica:

3.1. Recóllense baixo esta epígrafe o recital celebrado no Pub Moka da Coruña (1996) e a lectura de varios poemas no verán de 1984, ofrecidos por Radiofusión. 3.2. Fotografías da presentación da obra da editorial Ouvirmos Lois Pereiro. Fotobiografía sonora (2001).

4. Material audiovisual:

Inclúe dous vídeos preparados por TingaLaranga Audiovisual a partir da presentación da Fotobiografía sonora no bar Borrazás da Coruña (2011), outro editado por Luís Aldegunde (2011) con voces próximas a Lois Pereiro e un último editado con motivo do aniversario da presentación de De amor e desamor (2010).

 

DOSSIER_COMPLETO.pdf (.pdf 23 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org