Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Dossieres > Dossier
Os Eidos. Manuscrito autógrafo 1952-1954 contrastado coa edición orixinal (1955)
Novoneyra, Uxío
[10/04/2012]  Edición de Anxo Tarrío Varela

 

En edición de Anxo Tarrío Varela, ofrécese a transcrición completa do derradeiro manuscrito d’Os Eidos e un seguimento paralelo da primeira edición do libro (1955), con indicación das interpolacións, engadidos e supresións que presenta a versión impresa respecto da manuscrita. Anótase a paxinación de ambos os dous textos, a do impreso entre corchetes [ ] e cor marrón, con dobre marcador diacrítico para diferenciala mellor visualmente da paxinación do manuscrito, representada unicamente en números con cor diacrítica verde. As páxinas virtuais, é dicir, as que non figuran marcadas nos textos pero foron tidas en conta a efectos da paxinación total, péchanse entre chaves de cor marrón { } ou verde { }, segundo os casos.

Empréganse cores diferentes tamén para indicar cuestións varias. A verde indica todo o que, aparecendo na 1ª edición, figura tamén no manuscrito. A vermella refírese a aquilo que, figurando no orixinal manuscrito, se desbotou para a edición. A marrón representa o que aparece na primeira edición pero non figura no orixinal manuscrito ou que figura neste pero con algunha variente ortográfica, morfolóxica ou mesmo léxica que se desbota para poñer no seu lugar outra que segue o criterio da editorial Galaxia naquela altura. A negra responde ás indicacións do autor desta edición xenética parcial.

 

[Con data 2 de maio de 2012 substituíuse o arquivo inicial por outro novo que corrixe algúns desaxustes e grallas]

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org