Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pena, Montse (2008)
"Letras Galegas 'María Mariño'. Unha análise da recepción da obra da poeta"
Lectora. Revista de Dones i Textualitat: 14, pp. 269-284.

Análise pormenorizada da recepción crítica da obra e da vida de María Mariño, en particular da que se publicou co gallo do Día das Letras Galegas de 2007, que permite facerse un estado da cuestión da bibliografía crítica publicada. Montse Pena (no artigo aparece Penas, por erro) demórase nos aspectos máis problemáticos e conflitivos: as incógnitas arredor da súa vida, formación e desexo de escrita, así como as polémicas que xeraron os distintos achegamentos biográficos; a negación da autoría dos textos publicados co seu nome; o papel de mediador e editor de Uxío Novoneyra; os prexuízos contra a escritora que non participa da vida literaria; as informacións sobre os textos inéditos; a interpretación da súa obra en relación a Rosalía de Castro e o cuestionamento da muller escritora; o debate sobre a súa entrada no canon.

 
pena_2008_marinho.pdf (.pdf 385 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org