Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ríos Panisse, M. (1989)
"O rupturismo do manifesto ¡Máis alá!"
Dorna: 15, pp. 87-92.

Análise dun manifesto que, segundo a autora do artigo, non só presenta a aspiración artística dun grupo (como é habitual no xénero) senón que procura novos camiños para a arte galega. O ¡Máis alá! exprésase contra os chamados "vellos" (é dicir, aqueles artistas que seguen modelos decimonónicos), contra os ruralistas e contras os devanceiros. A autora debulla as disensións co canon literario e intelectual que subxacen o manifesto. O artigo remata sintetizando as propostas manifestarias: rexeitamento dos mestres, da lei e do costume; necesidade de abordar a paisaxe dende unha nova perspectiva en tanto temática esencial, e defensa do individualismo e do avance cara ao porvir.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org