Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Araguas, Vicente (2010)
"Matador de cangaceiros" [recensión do libro de Manuel Vilanova Antonio das Mortes e a muller de verde, 2010]
Diario de Ferrol; "Nordesía": (10/10/2010). pp. 30.

Infórmase de que Manuel Vilanova foi un dos poetas impulsores do cambio da poética realista-social á outra máis preocupada pola estética e o intimismo. Araguas sinala a longa extensión e o discurso exasperado deste poemario. Asegura que algúns interpretan esa “muller de verde” como unha personificación de Galicia, e recorda a antiga afección do poeta polo “novo cinema brasileiro” de Glauber Rocha, afección compartida cos que hoxe son o editor do libro, Fernando Bores, director da Colección Esquío de Ferrol, e o autor desta recensión. Daquel cine vén o Antônio das Mortes, matador de “cangaceiros”, é dicir, "salteadores" e "estraperlistas". Araguas termina subliñando a mestría no manexo da métrica, que Vilanova deconstrúe mesturando a collage, o epitafio ou a referencia popular; así como o dominio por parte do autor de todos os ámbitos poéticos, o que lle permite ir máis alá do previsible no noso panorama poético.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org