Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Irmandade da Fala de Betanzos (Francisco Vales Villamarín, Presidente) (1918)
Xogos Froraes de Betanzos

Betanzos: Irmandade da Fala de Betanzos.



Descrición: Edición dixitalizada do volume Xogos Froraes de Betanzos (1918), publicado pola Irmandade da Fala brigantina, presidida por Francisco Vales Villamarín, autor da presentación. O libro inclúe o texto "¡Nai Galicia!..." de Francisco Sánchez García, composición poética recoñecida co accésit nos Xogos Froraes (pp. 19-25). Outros textos incorporados son os seguintes: "Unhas verbas", presentación a cargo de Vales Villamarín (pp. 6-8); "Discurso", de Federico Pita Espelosín (pp. 9-18); "Reseña histórica de los monumentos y obras de arte que existieron y existen en Betanzos", de Ángel del Castillo (pp. 26-53); "El problema agrario en Betanzos. Su resolución", de Luís Peña Novo (pp. 54-67); "Influencia de la lengua gallega en la formación del castellano", de Eugenio Carré Aldao (pp. 68-85); "Exigencias ferroviarias de Galicia y necesidad de resolver este problema", de Constante Amor Neveiro (pp. 86-105); "Discurso", de Xan Vázquez de Mella (pp. 106-119); e "¡¡Terra a Nosa!!", de Rodrigo Sanz (pp. 120-122).

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento a Alfredo Erias Martínez, director da Biblioteca Municipal 'Castelao' de Betanzos e da Biblioteca Virtual asociada, pola autorización para reproducir os arquivos dixitalizados que se encontran a disposición pública na web do Anuario Brigantino.

O equipo de poesiagalega.org é responsábel da remaquetación dixital do volume, sobre a cal é posíbel efectuar buscas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org