Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Carrera, Alejo (1924)
"Camoens en Coruña y Rosalía Castro en Lisboa"
El Pueblo Gallego: 48, (22/03/1924). pp. 12.

Artigo de Alejo Carrera, presidente da Sociedad Juventud de Galicia, no que se fai un chamamento á aproximación entre os pobos galego e portugués. Carrera anuncia que, con motivo do 400 aniversario do nacemento de Luís de Camões, a Sociedad solicitou ao Concello de Lisboa o patrocinio para construír un monumento en homenaxe a este poeta na cidade da Coruña, obra dun escultor galego. A petición inclúe, así mesmo, a construción dun monumento a Rosalía de Castro en Lisboa, obra dun escultor portugués. A proposta completaríase coa organización dunha semana galega en Lisboa e dunha semana portuguesa na Coruña.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org