Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Informe panorámico sobre a historia da tradución de poesía galega ao ruso. As autoras efectúan un repaso pola presenza da literatura galega en manuais historiográficos, enciclopédicos e lingüísticos publicados en Rusia. Refiren a frecuente inclusión da literatura galega no seo doutros conxuntos literarios como a literatura portuguesa e a literatura española. A primeira destas opcións é especialmente visíbel no tratamento dado á lírica medieval galego-portuguesa, até as últimas décadas a que gozou de maior atención no ámbito académico ruso. Progresivamente foron considerados e traducidos poemas pertencentes a outros autores como Rosalía de Castro, a outros períodos como o Rexurdimento, a poesía de posguerra e a poesía do último cuarto do século XX, ou a outros rexistros como o da poesía popular. Finalmente, dáse conta da publicación dos volumes sobre poesía da antoloxía histórica da lingua galega impulsada polo Centro de Estudios Galegos da Universidade de San Petersburgo desde 1994.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org