Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Araguas, Vicente (1997)
"Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 17, pp. 199-204.

O autor desenvolve en paralelo as súas traxectorias vital e intelectual, con protagonismo claro das lecturas principais que marcaron unha forma de entender a poesía e a canción (románticos, surrealistas, literatura do absurdo, xeración beat...). Préstase nese sentido atención á experiencia de Voces Ceibes. Araguas destaca tres poetas galegos que de xeito claro influíron na sensibilidade propia: Franco Grande, Celso Emilio e Méndez Ferrín. Acepta a marca deixada nel por Brassens e desbota a relevancia atribuída por algúns críticos a Bob Dylan. Dedícase ademais un apartado a comentar a súa relación coa crítica galega en xeral e tamén cos grupos xeracionais que en principio poderían ser os de adscrición natural en función da cronoloxía. Araguas estabelece distancias nesas esferas, en particular a propósito dunha concepción do culturalismo da que non se amosa adepto.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org