Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Filgueiras Fachal, Paulo (2010)
"De nómadas e sedentarios. Desexo e identidade na obra de Antón Lopo"
24 minutos





Descrición: Vídeo que recolle a comunicación de Paulo Filgueiras Fachal, sobre a obra poética de Antón Lopo, no IX Congreso Internacional de Estudos Galegos (A Coruña, Santiago, Vigo, 13-17 de xullo de 2010).

Tipo de video: Vídeo informativo

Formato: flv

Fonte: UVigo Televisión

Metadatos: Filgueiras Fachal, Paulo; Lopo, Antón; Sucios e desexados; teoría queer; camp; poética gay; .

Observacións:

Nesta comunicación de Paulo Filgueiras Fachas estúdase a obra Sucios e desexados (1988), de Antón Lopo. Presentada no IX Congreso Internacional de Estudos Galegos, pretende relacionar a obra coa teoría queer e, mais especificamente, analizar a destitución das categorías e oposicións da hexemonía heteronormativa. Tamén a propósito das mudanzas que representan os repertorios deste libro en relación coa poesía galega desenvolvida na década de 1980, o autor incorpora ao seu traballo conceptos como os de mobilidade ou nomadismo, aplicados á particular reconstrución da identidade emprendida por Lopo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org