Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Tradición oral. Bande (1998)
A Pastora Rufina
52 segundos



pastora_rufina.mp3 (.mp3 817 Kb)


Descrición: Versión de Xordos (concello de Bande, Ourense). Recitada por Rosa, 84 anos. Recollida o 26/8/1998 por Ana Bande, Etelvino Bande, José Luís Forneiro e Rui Vieira. Publicada en José Luís Forneiro e Uxía Tenreiro López (2003). “Unha recolla de romances tradicionais en terras da Baixa Limia”, Lethes: 5, 121-122.

Tipo de son: Audio informativo

Formato: mp3

Fonte: José Luís Forneiro

Observacións:

Este romance, máis coñecido como Rufina hermosa, dentro do ámbito ibérico apenas está difundido por Galiza e Portugal, territorios onde se recolleron moitas versións. Este tema incestuoso, no que un irmán cortexa a súa propia irmá tamén foi encontrado noutras tradicións orais como as de lingua italiana, provenzal, francesa e rusa. En termos lingüísticos trátase dun dos romances máis galeguizados do saber romancístico galego, probablemente polo asunto pastoril do que se ocupa.

 

 

    Rosiña bonita,    tu que fas aí?

 2  –Ándoche co gado,    ben o ves alí.

   - Rosiña hermosa,   queres vir comigo?

 4  nesta serra sola    corres en perigo.

   -Contigo non fun,    nin fun nin irei,

 6 voume pra onde o gado    que o perderei.

    -O gado, Rosiña,   non che di coidado

 8  que se o perderes,    eu irei buscalo.

    -O que vén con fame    i o que vén sin fame,

10  en mangas de seda    gardarmo me fas.

     –Mangas e vestidos    teño de romper,

12  por che dar, Rosiña,    por che dar placer.

      -Placer non me dás,    que antes me dás pena,

14  lá vén meu amo    traerme a merenda.

      Ojalá viñera,    i ojalá chegara,

16  I ojalá soupera    que contigo estaba.

     -Vouche decir, Rosa,     a fe de quen son,

18  vouche decir, Rosa,    que teu irmao son.

     -Ti es meu irmao,    irmao do corazón,

20   de todo o que che dixen,    pídoche perdón.

     -De todo o que me dixeches,    estache perdonado

22  dá acá unha mao   e ponte d´a cabalo.

      -Xentiña do pobo,    vinde para onde o gado,

24  qu´aiquí vai Rosiña    co seu namorado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org