Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Vázquez, Dora (2006)
"Canto á cidade de Ourense"
3 minutos e 57 segundos



vazquez_2006_canto.mp3 (.mp3 5.4 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

CANTO Á CIDADE DE OURENSE

O TEU NOME

¡OURENSE!... O teu nome pónseme nos beizos...
Vén da auga. Nace na fonte
do cálido alento
que abre con burgas o solar da túa carne.
¡Ourense!... Dende as miñas parcelas
sinto que as miñas aves vanse ao teu encontro...

O teu nome tráeme fragancias de añosas acacias
e asentos de recio granito, luminarias de nocturnos
crepúsculos, dourados ocasos e brancas auroras,
¡memoria de tempos!...

Hoxe mírote vestido de gala e verbena
-tocándote xaneiro con dedos solemnes-
pronuncio, baixiño, o teu nome: ¡Ourense!
¡Ourense romano, o da vella
romana Ponte! ¡Ourense do Cristo!
¡Ourense do Cristo e da Ponte,
a Ponte e a auga!...

O TEU RITMO

CAMIÑAS, transitando na liña do tempo,
con rumor de colmena e de río,
amosado o perfil aos catro costados
dos teus catro horizontes.

Saes de ti mesmo, rompendo do ventre
do Ourense antigo, e alárgaste
en novísimos barrios e avenidas
-ritmo de grande urbe- labrando constante
o vibrante aldabón da túa nova estrutura.
Estender os brazos
por onde os surcos eran fonte de semente,
e a Primavera apresuraba a sabia da viña.

Cubres Polvorín, subes Montealegre
traspasas o Barbaña, e téndeste
máis alá das túas filas de arcos:
Arcos que plantaron as cepas da túa historia,
as da túa cultura, expansión e progreso...
¡As Pontes do Miño!... ¡Do Miño, que pasa,
que soña e que ri, que chora e que canta,
rasgando vitrales baixo as súas barandas!

A TÚA LUZ

CEN bordóns místicos
soltan as túas campás...
A catedral sacode o seu bíblico xúbilo,
apurando as sandalias do alba.
Elévanse as espumas de néboas
e amosa, entre cruces e torres,
do teu rostro o perfil soñoliento.

Enardécese o aire...
O sol colúmpiase disolto e dourado.
Xoga polas cimas, sorprende a túa pedra
encende as cúpulas,
e coroa de graza e de ouro
a túa fronte, ao día desperta.
A luz ennoblécete. Despóxate de velos
E quedas fermoso. ¡O teu corpo -de pedra-
velado de máxico rosa!...

O TEU IMÁN

TES dureza de pedra e tenrura de ave.
Es pedra e es árbore,
Umbral de alamedas risoñas, dintel de boscaxes umbríos.
Es xardín: ¡Posío!
Es... ¡imán!

O teu imán é a luz que debuxa o teu talle,
o matiz singular que perfila o teu corpo
e esculpe o teu rostro con aristas de pedra;
a atracción das túas rúas movidas,
a bondade das túas xentes...

É a túa Catedral, erguido mural que te enmarca,
páxina aberta da arte e da historia.
É o teu Santo Cristo, cimeiro cristián da túa devoción,
lume e chama da túa fe sempiterna.
¡E é trascendente e senlleira,
lámpada do teu tempo,
a típica festa
do teu aninovo 2006!

[Soñando con Ourense. Ourense: Concello de Ourense, 1995]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org