Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Vázquez, Pura (2006)
"Dixen amor e digo Ourense"
1 minuto e 59 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

DIXEN AMOR E DIGO OURENSE

Se digo Ourense digo amor. Raigame
da orixe e da alma. Afervoado sangue.
Manantío. Dozura para os labios
dondos para sorrirlle as esperanzas.

Ponlas de árbore que arden no infinito.
Nas mínimas herbiñas que hoxe falan,
para acendervos lumes de relembro.
Para vivir tenramente, como un trigo
en froito de colleitas acadadas.

Cal graíño da area ou fío de sol.
Lémures doces de acendidas chamas
polas sendas da tarde, entre silveiras.
Polas beiras dos ríos, e das chairas.

Dixen Amor, e digo Ourense. Digo
dozura. Arume. Merlos e calandras.
Digo nebras e sol. Chuvias e ventos.
Dólmenes e lendas. Torres e bisbarras...

Digo quedar convosco de por vida.
Despois da vida. Humildes. Concordadas.
Afundidas nas fondas comprensións
nesta rúa de amores, afincadas,
na terra que entre todos compartimos.
Dous nomes a lembrarvos cada día
entre arrolos de pombas, e palabras.

Intre de gratitudes decisivas,
e ledas plenitudes acougadas.

[Recollido en A malpocadiña de Dora Vázquez. Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 1996]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org