Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Torres, Xohana (2006)
"Ninguén está perdida nesa hora"
37 segundos



torres_2006_ninguen.mp3 (.mp3 0.9 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

Ninguén está perdida nesa hora
cando o vento sopra
e hai unha lúa vertical, noviña,
que envolve de misterio os perfís.
Memoria,
emisaria do mar,
que nos mantén un cheiro de recordo:
Algo de nós,
pureza de altos días
mentres camiño pola vasta area
e penso no amor
que sempre se comeza nunha praia.

[Poesía reunida (1957-2001). Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia/Danú S.L., 2004]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org