Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Seoane, Xavier (2006)
"A deusa melancólica"
1 minuto e 5 segundos



seoane_2006_deusa.mp3 (.mp3 1.5 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

A DEUSA MELANCÓLICA


Esa lúa que ascende silenciosa
na ardora durmida e secreta desta noite
sabe qué absurdos son os nosos soños
mais, xenerosa, deixa polas praias
o seu sorriso roto
de deusa solitaria e melancólica.

Confidente dos peixes prateados
e as sereas ardentes que enlouquecen os homes,
veu ao longo dos séculos
que todo o que conciben e constrúen
está abocado á morte.

Mais non cabe a crueldade
na celeste beleza
da súa albura azul e misteriosa:
impasible á loucura da razón,
invicta ante as feridas do tempo e mais da morte,
navega imperturbable no infinito das horas.

[Dársenas do ocaso. Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia/Danú S.L., 2003]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org