Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Seoane, Xavier (2006)
"Esplendor e derrota"
1 minuto e 14 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

ESPLENDOR E DERROTA

¿Que anuncian esas nubes incendiadas
a sucar como vastos continentes
as praias misteriosas do solpor?

Aínda que semellan viaxeiras do infinito
son criaturas suxeitas, coma nós,
á inclemencia do tempo e á vitoria da morte.

Como todo o que pasa, a súa beleza é un soño.

As aves que as perseguen ata a última
liña de sucesivos horizontes
coa ilusión de alcanzar
algún posible porto após de toda rota,
pérdense para sempre
alén de todo espazo, realidade ou memoria.

Só algunha, ao azar,
retorna agazapada ao tosco promontorio
onde soña e remoe, como esfinxe ridícula,
a inútil certeza da súa derrota.

[Dársenas do ocaso. Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia/Danú S.L., 2003]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org