Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Seoane, Xavier (2006)
"Don do terrestre"
56 segundos



seoane_2006_don.mp3 (.mp3 1.3 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

DON DO TERRESTRE
                                      A Carlos Gurméndez

I.
CONSÓLAME NA TERRA. SÓ NELA ARELO SER.

Que un día do meu corpo se alimenten
os paxaros e os insectos.
Que de min se ergan árbores ao alto firmamento.

Quero alzarme nos froitos que afague a brisa tépeda,
sentir
que os animais me senten
no seu fuciño leve.

Que a bolboret pase
tocando coas súas ás a luz da miña ausencia.
O cabalo, a galope, presinta o meu destino
alvorozadamente.

Consólame, consólame na terra.
Non agardo outro reino.

[O canto da terra. A Coruña: Sotelo Blanco, 1987]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org