Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Sánchez Iglesias, Cesáreo (2006)
"X. A cabeza feminina de Afrodita"
2 minutos e 37 segundos



sanchez_2006_cabeza.mp3 (.mp3 3.6 Mb)


Descrición: Gravación pertencente ao volume 2 de Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

X


A cabeza feminina de Afrodita, labrada no mármore.
Evanescente a cor.
Un longo colo, rasgos sinxelos, o nariz recto,
as pupilas amendoadas tremen a súa prata fina.
As pálpebras recordan as lilas.

Vive aquí o que ti serás sen ti
agardando na dozura duns teus ollos
cansos de se ollar noutros ollos. Contemplas a vida.
A que soñou un sol púrpura, ardente, que te ollase
nas horas de tristeza en que fuches soñada
dálle as cores ao cálice da flor violeta.

Na música que dorme na praza da fonte, e agara
nos prados en contra de toda esperanza
o mundo enxendra este día de choiva
beixa os seus labios xa imperceptíbeis.

Mamáteresa deu un suspiro e na galería da branca alcoba
as palabras eran unha nova adiviñación
tan doce como o bris do canaval.

Na mañá de domingo había unha grande luz
e un vento de outono no que vivía a ela abrazado.
O tanxido das campás da pequena igrexa románica
en longos intervalos trai o tempo de antano.

O trazo redondeado e suave dos pómulos
do xa vello rostro do inverno.

Demoradamente pentea os cabelos,
aos dous lados da cabea,
en lixeiras ondas, recóllese a trenza na caluga.

Todo é comezo nunha pequena rúa. Aos meus pés
os instantes amontóanse esgotados e fríos.
O aroma do leite cru, a herba madura.
Os eidos: O recordo da manzanilla
mestúrase co arrecendo da mimosa.
Todo ten ese ar de inacabado. O que é hoxe nunca foi.
                                                                                 (Cabeza de Venus)

[Variacións nube. Vigo: A Nosa Terra, 2004]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org